12 artistas locais actuarán nun festival solidario a favor de Oncomet.

Doce artistas e grupos locais van actuar este sábado no Festival Solidario a prol da Biopsia Líquida que a iniciativa do Concello vai ter lugar ás 18.30 horas no Auditorio Municipal de Riveira.

Así o explicou a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño Rey, nunha presentación na que relatou todas as entidades implicadas:

  1. Coral Polifónica Municipal de Riveira
  2. Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Riveira
  3. Grupo Tahume de Olveira
  4. Grupo Bandidos de Santa Cruz de Riveira
  5. Grupo de Cantareiras Aires da Barbanza da Asociación Amas de Casa
  6. Cantareiras do Centro da Terceira Idade Santa Uxía
  7. Grupo Bailadela
  8. Rondalla Albéniz de Aguiño
  9. Álex Millet
  10. Asociación Haveira e Escola de Baile El Tomasón
  11. Baile infantil da Asociación Alfaia
  12. Yuri Durán Castro (pianista do Conservatorio)

Esther Patiño agradeceu, tanto a estes colectivos como as que por motivos de axenda ou de outra índole non puideron participar, a súa sensibilidade para con esta causa solidaria.

Unha mesa da Delegación Local de Oncomet será a encargada de recoller a pé de porta os donativos que queiran facer as persoas que acudan ao evento, recomendándose como contía mínima 5 euros.

A responsable de Servizos Sociais lanzou unha chamada a toda a cidadanía para que acudan a este festival, que durará aproximadamente dúas horas.

cartel_biopsia

 

oncomet_v