Mostra de Teatro Riveira 2019

Un día despois de que se abrira o prazo de venta de bonos para a Mostra de Teatro de Riveira, máis da metade do aforo do Auditorio xa está ocupado, o que dá fe do altísimo interese da veciñanza en acudir a esta programación de arte dramática.

Así, nestes momentos xa foron reservadas 137 cadeiras do total de 270 de que consta a instalación municipal. Cómpre lembrar que cada bono ten un custe de 25€ e dá dereito a reservar unha butaca para as once representacións de que consta a mostra.

O prazo para a compra de bonos conclúe o 6 de setembro e os interesados poden adquiriu os seus mediante tarxeta bancaria na Oficina da Atención Cidadá situada no andar baixo do Consistorio.

Programación da mostra:

 

  • 27 de setembro.- Sarabela Teatro: “Normas para saber vivir na sociedade actual”.
  • 4 de outubro.- Redrum Producións: “Idiota”.
  • 11 de outubro.- Malasombra: “Bernarda”.
  • 18 de outubro.- Ibuprofeno Teatro: “Casa O’ Rei”.
  • 25 de outubro.- Dinamo Producións: “Eu queríame casare”.
  • 1 de novembro.- Redrum Producións: “Invisibles”.
  • 8 de novembro.- Producións Teatrais Talía: “Vida de cans”.
  • 15 de novembro.- Contraproducións: “A compañeira de piso”.
  • 22 de novembro.- Producións Excéntricas: “Carpe diem”.
  • 29 de novembro.- A Panadaría: “Elisa e Marcela”.
  • 5 de decembro.- De Ste Xeito: “Running”.

 

Todas as funcións comezan ás 21.30 horas.