A Aula Cemit de Ribeira habilita un espazo reservado para a realización de exames por universitarios das facultades galegas

A Aula CeMIT de Ribeira terá un espazo reservado para a realización dos exames das facultades galegas para os estudantes universitarios que non dispoñan de boa conectividade no seu fogar.

Poderán inscribirse nestas probas os universitarios das facultades

galegas que precisen realizar os seus exames online. Será necesario acudir co equipamento propio á aula para poder realizar o exame.

Os horarios reservados para esa actividade son de 8.00 a 11.00 da mañá. Buscarase flexibilidade no caso de ter que ser fóra de ese horario.

Os interesados deberanse inscribir como usuarios da aula CeMIT para poder realizar a actividade. Para calquera aclaración, cómpre chamar ao teléfono 981876043 ou mandar un mail ao correo cemit.ribeira@xunta.es.

 Inscricións:

Aula CeMIT de Ribeira ou vía web no seguinte enderezo:

https://cemit.xunta.gal/es/centro/67