A Aula CeMIT de Ribeira, situada no barrio de Cubeliños, está a preparar un total de sete cursos de novas tecnoloxías e dous seminarios para os vindeiros meses de febreiro e marzo.
Concretamente, os cursos que está previsto celebrar versan sobre manexo básico do móbil, Libreoffice, Iniciación á informática, Whatsapp, Certificado dixital, Retoque de imaxe (Gimp) e Ofimática na nube (Google Drive). A maiores, desenvolveranse un seminario dedicado á Seguridade en Internet e outro sobre Control parental.
O prazo de inscrición dende o mércores 27 ás 9 horas, ata cubrir prazas. As persoas interesadas poden anotarse ben na sede da Aula CeMIT en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou ben por vía telemática en https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.
Protocolos covid
As clases terán lugar respectando a normativa de seguridade anticovid, é dicir, distanciamento, 50% de capacidade (o que implica que só haberá 6 prazas), uso de mascarilla durante toda a sesión, ventilación continua da aula, hixiene de mans e desinfección dos postos de traballo.
En canto ás características concretas de cada actividade:
Manexo básico do móbil.
Contido:
Uso básico do dispositivo. Teléfono e contactos, acceso a Internet, cámara, instalar e desinstalar apps, borrar aquivos.
Data:
01 de febreiro de 2021 - 04 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 – 13:00
Libreoffice.
Contido:
Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións - LIBREOFFICE
Data:
08 de febreiro de 2021 - 31 de marzo de 2021
Horario: 09:30 – 11:00
Iniciación á informática.
Contido:
Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato. Familiarizarse co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na navegación pola Internet.
Data:
09 de febreiro de 2021 - 25 de marzo de 2021
Horario: 09:30 – 11:00
Whatsapp.
Contido:
Instalar e crear a conta, comunicarte cos teus contactos, compatir arquivos, audios, imaxes e videos, crear grupos.
Data:
08 de febreiro de 2021 - 11 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 – 13:00
Certificado dixital.
Contido:
Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas.
Data:
22 de febreiro de 2021 -25 de febreiro de 2021
Horario: 11:30 – 13:00
Retoque de imaxe. Gimp.
Contido:
Co programa Gimp realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía, ...
Data:
08 de febreiro de 2021 - 10 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00. Luns e mércores
Ofimática na nube. Google Drive.
Contido:
Manexo do Drive para almacenar e compartir arquivos na nube. Uso do paquete ofimático do Drive
Data:
09 de febreiro de 2021 - 11 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00. Martes e xoves
Seminario de Seguridade en Internet.
Contido:
Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións adecuadas para a navegación. Medidas preventivas.
Data:
15 de marzo de 2021 -17 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00.
Seminario de Control parental.
Contido:
Charla sobre o software de control parental no ordenador
Data:
22 de marzo de 2021 -24 de marzo de 2021
Horario: 16:30 – 18:00.
Módulo informática Obradoiro Cociña O Pote II .
Cuberto por alumnos do obradoiro
Data:
15 de xaneiro de 2021 -25 de marzo de 2021.Todos os venres
Horario: 08:00 – 15:30.