A FIEITEIRA DARÁ CABIDA ESTE SÁBADO A UNHA VELADA DE BOXEO CON NOVE COMBATES

 

Cinco deles do Camionato Galego Élite Feminino

 

A FIEITEIRA DARÁ CABIDA ESTE SÁBADO A UNHA VELADA DE BOXEO CON NOVE COMBATES

 

O pavillón polideportivo da Fieiteira vai ser escenario este sábado dunha velada de boxeo que, organizada pola Escola El Canario, vai albergar un total de nove combates, entre eles cinco que servirán para dirimir o Campionato Galego Élite Feminino e un para o Campionato Galego Xoven Masculino.
Dos detalles do evento falaron esta mañá Israel Benítez, responsable da citada escola, e o alcalde Manuel Ruiz. Tamén se deron cita na presentación tres dos combatentes que van subir ao ring: Mara Montemuíño, Paula López e Rubén Pérez
A cita principiará ás dez da noite e, ademais de El Canario, contará con competidores de Abuelo Box, Planas Box, Sagabox, Team Thunder, Bunkai e Cidade de Lugo, entre outros.
O programa inclúe seis combates femininos e tres masculinos, entre eles un que enfrontará ao campión de España Aarón González co subcampión galego de menos de 69 kilos Santi Alonso.
Paula López, que pelexará polo cetro galego coa ferrolá Laura Méndez na categoría de 64 kilos, mostrouse moi ilusionada con esta velada (é o seu cuarto combate oficial) ao representar unha ocasión na que demostrar todo o aprendido. A outra rapaza presente no acto de hboxe, Mara Montemuíño, medirase coa viguesa Najla Shami, en tanto que Rubén Pérez farao con Iván Noal polo título galego xoven de menos de 69 kilos.
O alcalde Manuel Ruiz felicitou a El Canario polo gran traballo realizado á hora de promocionar un deporte que se atopa entre os máis antigos e bonitos  e que está cheo de nobreza.

 

Entradas
Os interesados poderán retirar as súas entradas anticipadamente ata mañá a un prezo de 10 euros para cadeira e 8 para grada (establecementos: Podium Sport, Deportes Casais, Bar Tenerife e Natural Sport).

 

No propio día da xornada os prezos serán de 12 e 10, respectivamente.

 

boxeo_modi