A fundación RIA exhibe en aberto unha exposición dos seus traballos sobre a Ría de Arousa no Novo Mercado de Riveira

A Fundación RIA – Rede de Innovación Arousa organiza entre o venres 21 e o venres 28 de xullo unha exposición no Mercado Municipal de Riveira no que os que así o desexen poden observar unha escolma dos seus traballos resultado dun ano e medio de estudo sobre a ría de Arousa por iniciativa do arquitecto británico David Chipperfield.

A mostra contará a visión e a análise territorial do conxunto da Ría de Arousa así como diferentes casos de estudo ó longo da franxa litoral do concello de Riveira, distribuídos polas plantas 1,2 e 3 da instalación municipal.

Integrantes do equipo involucrado na confección deste estudo estarán in situ no edificio do mercado e atenderán as consultas de todos aqueles interesados que desexen pasar pola mostra.

A Fundación RIA ten por misión a conformación dunha visión integral da ría de Arousa, identificando os seus conflitos e potencias de desenvolvemento e impulsando estratexias coordinadas entre os distintos axentes co fin de rachar cos límites dos distintos municipios e sectores económicos. Baixo esta premisa, a fundación quere asumir o papel de liderar este proceso innovador, coordinando a investigación e dinamizando o debate.

Quen se achegue ao mercado terá unha visión do avanzado ata agora.

 

cartel_ria

 

expo_ria