Aberto o prazo de matrícula para realizar a proba de acceso ao primeiro curso de grao profesional no Conservatorio de Ribeira

IMPRESO DE MATRÍCULA

Dende o Conservatorio Municipal de Ribeira ‘Enrique Paisal” informan de que está aberto o prazo de matrícula para a proba de acceso ao primeiro curso do grao profesional. Este prazo establécese despois das instrucións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia do pasado venres 29 de maio.

O proceso de matriculación tratarase de que sexa de maneira integramente telemática sen acudir para nada  ao centro. Con tal motivo vaise adxuntar na páxina web do Concello (www.ribeira.gal) un impreso de xeito que o alumnado interesado poida  descargalo, completar os datos persoais e logo envialo de volta ao enderezo electrónico conservatorio@ribeira.gal, acompañado do xustificante de pago e a fotocopia do DNI.

A proba de acceso levarase a cabo durante este mes de xuño a partir do día 15 e con data aínda por concretar.

Se os aspirantes non superan as prazas ofertadas a proba farase tamén de xeito telemetico seguindo unha vez máis as instrucións da Consellería.

O prazo de solicitude rematará o día 10 de xuño.