Aberto o prazo para presentar candidaturas á Gala do Deporte de Riveira

Dende a Concellería de Deportes informan de que xa se poden presentar candidaturas á Gala do Deporte de Riveira. Estas son as bases que rexerán esta nova edición do certame:

  1. Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2018.
  1. Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse os seguintes apartados:
    1. Mellor Deportista Masculino
    2. Mellor Deportista Feminina
    3. Mellor Deportista con discapacidade
    4. Mellor Deportista Masculino sub – 18,( nados no ano 2001 e posteriores)
    5. Mellor Deportista Feminina sub – 18, (nados no ano 2001 e posteriores)
    6. A laboura técnica
    7. Equipo de competición destacado
    8. Mellor Club
    9. Mencións Especiais
  1. Os nominados nos apartados A,B,C,D,E,F deberán ser nados/as en Riveira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2014.
  1. Os gañadores dos apartados A,B,C,D,E,F,G e H recibirán unha réplica do trofeo León de Padín, recibindo os finalistas un diploma acreditativo.
  1. O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes, e un mínimo de catro vocais máis elixidos por este, entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas o deporte local.
  1. Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde casqueira ámbito de actuación.
  1. Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o 01 de marzo de 2019, mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello de Riveira, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com .
  1. Tódolos clubs recibirán cinco invitacións para esta gala. A cada nominado/a, individual ou club, se lle concederán 4 invitacións máis.
  1. A Gala do Deporte 2018 celebrarase no Auditorio Municipal de Riveira no mes de abril 2019.