Abre o prazo de inscrición para o curso gratuíto de acceso ao Conservatorio de Riveira

O Concello de Riveira informa da apertura do período de inscrición para o curso gratuíto de preparación para o acceso ao Conservatorio Municipal no que poderán asistir os nenos e nenas de 8 a 14 anos que queiran empezar a estudar neste centro.

Durante catro semanas (do 6 ao 29 de maio), os asistentes traballaran os contidos que van integrar a citada proba de acceso, de carácter obrigatorio e que terá lugar a finais do mes de xuño.

Ademais, as nenas e nenos terán un primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten e cos diferentes instrumentos, algo que lles pode ser de utilidade á hora de elixir por que opción se van decantar.