Abre o prazo para que os locais de hostalería de Riveira poidan inscribirse no concurso de disfraces de Entroido

BASES DO CONCURSO

Dende o luns 10 de febreiro ata o venres 14 de febreiro ás 14 horas estará aberto o prazo de inscrición para os locais de hostalería e restauración do municipio interesados en participar no Concurso de Disfraces de Entroido: un evento que está organizado polo Concello de Riveira en colaboración coa Asociación de Empresarios e a hostalería de Riveira co obxectivo é promover e dinamizar a hostalaría e restauración no noso concello.

Os locais interesados poden anotarse no teléfono 686587000 ou no seguinte enderezo electrónico: sanroqueturismo@gmail.com, poñendo o nome do local.

Tal e como se recollen nas bases o concurso realizarase o vindeiro luns 24 de febreiro desde as 22.00 h ata as 4.00 h, no que hai 2.500€ en premios repartidos en tres categorías: individual, parella e grupo cun 1º, un 2º e un 3º premio para cada unha delas.

Os premios serán outorgados aos mellores disfraces ou conxuntos establecéndose as seguintes modalidades premiadas.

- INDIVIDUAL

1º PREMIO: 200€

2º PREMIO: 100€

3º PREMIO: 75€

- PARELLA

1º PREMIO : 400€

2º PREMIO:  200€

3º PREMIO: 100€

- GRUPO  (mínimo de catro persoas)

1º PREMIO: 800€

2º PREMIO: 400€

3º PREMIO: 225€

As condicións e requisitos para a participación no concurso son as seguintes:

  • Poderá formar parte do concurso toda persoaou grupo de persoas que acudan disfrazados ao local hostaleiro a noite do luns 24 de Febreiro de 2020 en horario de 22.00h ata as 4.00 h.
  • Poderán participar aquelas persoas maiores de 18 anos.
  • Si se presentan para grupo non poderán optar ao premio en parella nin individual.
  • Así mesmo os participantes que opten ao premio de parella non poderán participar na categoría individual nin de grupo.
  • Non se poderá participar en máis dunha categoría nin obter máis dun premio por concurso.
  • En cada un dos locais participantes haberá unha papeleta na que aparecen  todos os nomes dos locais. As persoas disfrazadas que desexen formar parte deste concurso deberán recoller  en calquera destes locais  a papeleta e ir selándoa ou firmándoa polos establecementos que nela se indican(vale o selo ou a firma dalguén do establecemento). Para que esta papeleta sexa valida deberá estar selada/ firmada por un mínimo de 5 establecementos e deberán gardala xa que será necesario que a conserven por si resulta gañador; posto que terá que entregala para recoller o premio (esta información xa ven indicada na papeleta).

Todos os participantes no concurso deberán enviar a imaxe da tarxeta selada e a fotografía do disfrace sacada nun dos locais hostaleiros adscritos ao enderezo electrónico sanroqueturismo@gmail.com cos seguintes datos persoais (nome, apelidos, teléfono de contacto e DNI) dunha das persoas (representante) que aparecen na mesma e indicar a que categoría ou modalidade do concurso se presenta (individual, parella ou grupo) sendo empregada para a deliberación do Xurado, cedendo o dereito da imaxe ao Concello de Riveira.

O prazo para enviar as fotografías é desde o luns 24 de febreiro a partir das 22.00 h ata o luns día 02 de marzo ás 23.59 h.