“Aprender a Educar” con Pedro García Aguado e Francisco Castaño Mena

Este sábado, 2 de decembro, ás 18.00 h, Pedro  García Aguado, condutor do programa de televisión “Hermano Mayor” e Francisco Castaño Mena, profesional da educación con anos de experiencia na atención de adolescentes e as súas familias, impartirán unha charla no Auditorio Municipal de Riveira.

“Aprender a Educar”, promove a prevención como o punto de inicio para tratar as dificultades que afectan aos adolescentes e ás súas familias. Na charla darannos claves ás familias claves de como previr e  como actuar cando, debido á idade, as dificultades na relación, normais e habituais na adolescencia, adquiran un peso propio. Outro elemento esencial da proposta é a detección a tempo das problemáticas básicas e clásicas dos nosos adolescentes; a falta de comunicación, o fracaso escolar, a adhesión incondicional ás novas tecnoloxías , a falta de estratexias das nais e pais para xestionar os conflitos... A educación en valores positivos e sans, é a que permitirá ao adolescente crecer en familia e coa familia. Un proceso, crecer, non exento de dificultades, pero que se pode levar coa máxima dignidade e éxito se hai un traballo da familia antes e durante a propia adolescencia.

(Extracto de https://aprenderaeducar.org/)