Aula CEMIT Ribeira impartirá cursos en liña a través da plataforma de teleformación EMA

A AULA CEMIT DE RIBEIRA DARÁ CURSOS ONLINE GRATUÍTOS SOBRE RECURSOS DIXITAIS MENTRES NON SE POIDA RETOMAR A ACTIVIDADE PRESENCIAL

Dada a imposibilidade de impartir cursos gratuítos presenciais na Aula CeMIT de Ribeira debido ao Estado de Alarma, o servizo ofrecerá á veciñanza formación online mentres persista a situación a través da plataforma EMA.

Tres van ser os cursos que se van ofrecer: alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social. Para poder acceder a eles basta estar dado de alta como usuario na aula CeMIT (no caso de non estalo pódese facer cubrindo un formulario online en https://cemit.xunta.gal/es/centro/67) e escoller o curso desexado. Ante calquera duda pódese enviar un correo electrónico a cemit.ribeira@xunta.es.

INSTRUCCIÓNS