Aviso legal e política de privacidade

Datos Fiscais

Excmo. Concello de Riveira
Actividade: Administración Pública.
CIF: P-1507400-H

Teléfono: 981 835 417 / 981 871 050
Fax: 981 871 610

Enderezo

Praza do Concello s/n
Santa Uxía de Riveira
15960 A Coruña
E-mail: soporte@riveira.com

O Concello de Riveira a través dos dominios riveira.gal, riveira.com e riveira.es, ofrece esta web para facilitar o acceso público á información de que dispón.

O Concello de Riveira non é responsable da exactitude e da actualización da información proveniente doutras persoas físicas ou xurídicas que conste na páxina web ou á que se remita. Tampouco se fai responsable do uso de terceiros da información contida aínda que tería que aterse ás advertencias específicas que consten por determinados documentos. Toda a información contida nos dominios riveira.com e riveira.es poderá ser modificada e actualizada polo Concello de Riveira sen necesidade de aviso previo.

O Concello de Riveira pon a dispor dos usuarios da web un enderezo de correo-e para que poidan manifestar as súas queixas e comentarios en relación cós contido e informacións que se faciliten a través da web, que serán debidamente atendidos correxindo de xeito inmediato aquelas situacións que representen un prexuízo, non respondan á verdade e supoñan ofensa para persoas ou colectivos.

Política de Privacidade

O CONCELLO DE RIVEIRA é a entidade e titular do website riveira.es (en diante o "Website"), con domicilio social en PRAZA DO CONCELLO, S/N 15960, RIVEIRA, A CORUÑA con CIF número P 1507400 H

 

O CONCELLO DE RIVEIRA garántelle a protección de todos os datos de carácter persoal que proporcione o/a usuario/a no Website e, en cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, no RD 1720/2007 de 21 de decembro e restante normativa de aplicación, e informa de que:

 

  1. a) Todos os datos de carácter persoal facilitados ao CONCELLO DE RIVEIRA serán tratados por esta de acordo coa Lei orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal e o RD 1720/2007 de 21 de decembro e quedarán incorporados nun ficheiro, creado e mantido baixo a responsabilidade do CONCELLO DE RIVEIRA, o cal foi debidamente rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos.
  2. b) Os datos recóllense coas seguintes finalidades: (i) xestión, estudo e resolución de consultas e (ii) envío de publicidade e prospección comercial por medios electrónicos, acerca da empresa, as súas actividades, produtos e servizos, así como documentación de diversa natureza.
  3. c) Na recollida e o tratamento dos datos de carácter persoal adoptáronse as medidas de seguridade adecuadas para evitar a perda, o acceso non autorizado ou a súa manipulación, de acordo co establecido no Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro.
  4. d) O CONCELLO DE RIVEIRA comprométese a protexer a información confidencial á que teña acceso.
  5. e) O CONCELLO DE RIVEIRA non empregará en ningún caso os datos de carácter persoal que vostede poña ao seu dispor para prestar servizos a terceiros distintos aos referidos no apartado b) do presente documento ou, no seu caso, para lograr unha utilidade propia.
  6. f) O/A usuario/a certifica que é maior de 14 anos e que polo tanto posúe a capacidade legal necesaria para a prestación do consentimento en canto ao tratamento dos seus datos de carácter persoal e todo isto, de conformidade co establecido na presente Política de Privacidade.
  7. g) O/A usuario/a pode, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos persoais así como o de revogación do consentimento para calquera das finalidades antes sinaladas, enviando ao noso enderezo postal, PRAZA DO CONCELLO, S/N 15960, RIVEIRA, A CORUÑA, unha carta debidamente asinada onde consten claramente os datos de contacto, coa que deberá achegar unha fotocopia do seu DNI/NIF ou documento que acredite a súa identidade.
  8. h) O/A usuario/a autoriza o tratamento automatizado dos datos persoais subministrados nos termos indicados.