Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios CELGA

Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios CELGA

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a convocatoria dun total de 49 cursos para a mellora das competencias na lingua propia de Galicia, nomeadamente de linguaxe administrativa galega –un total de 14 nas modalidades presencial e en liña, nivel medio e superior– e 35 cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga). Todos eles impartiranse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia e teñen carácter gratuíto.

 

A formación dividirase en dous cuadrimestres e estenderase entre setembro de 2017 e maio de 2018, en horario de mañá ou de tarde. O prazo para presentar as solicitudes abranguerá desde o vindeiro día 1 ata o 10 de setembro para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2018 para os do segundo cuadrimestre.

 

Máis información:

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X23876/ofertanse-cursos-linguaxe-administrativa-galega-preparatorios-celga-nas-eoi-galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170817/AnuncioG0164-040817-0004_gl.html