Incidencia en relación aos recibos do Imposto de Vehículos

Dende o Concello de Ribeira dáse aviso de que a empresa encargada da impresión de recibos e xestión de correo non trasladou adecuadamente os datos do ficheiro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) remitido dende a Tesourería Municipal, polo que os datos reflectidos nalgúns dos impresos recibidos nos domicilios non son correctos.

Esta incidencia afecta a uns 400 recibos dun total de 6.100 recibos enviados. Todos os gastos de reimpresión, manipulación e xestión de correos para un novo envío correrán a cargo da citada empresa.

Por outra parte, cómpre lembrar que a data de finalización do pago en recaudación voluntaria do IVTC aprazouse en principio ata o 15 de xuño como consecuencia das suspensión dos prazos dos tributos municipais durante o Estado de Alarma.