uso do estadio de atletismo “Ana Peleteiro” a partir do 25 de maio

NORMAS DE USO DO ESTADIO DE ATLETISMO "ANA PELETEIRO" A PARTIR DO LUNS 25 DE MAIO

A partir do próximo luns 25 de maio poderase solicitar o uso do estadio de atletismo "Ana Peleterio" tendo e conta o seguintes condicionantes:

  • Cita previa: No teléfono 981 87 36 46 (horario de atención ao público de luns a venres de 9.30h. a 13.30h.).
  • Quendas: De luns a venres: de 10h. a 11.45h./de 12h. a 13.45h./ de 18h. a 19.45h./ de 20h. a 21.45h. Sábados: de 10h. a 11.45h./de 12h. a 13.45h.
  • Aforo máximo da instalación 18 persoas, incluídos adestradores/as ou acompañantes (só se fose necesario).
  • Preferencia: Á hora de reservar instalación, terán preferencia nesta orde: 1º os clubs de atletismo locais, 2º resto de clubs locais e 3º resto de usuarios/as.
  • É obrigatorio cambiar as zapatillas para utilizar a instalación.
  • É obrigatorio respectar unha distancia mínima de 2 metros entre persoas en todo momento (10 metros no caso de ir correndo detrás de outro/a atleta).
  • Non se pode tocar nin manipular ningún elemento da instalación (se fose necesario, falarase coa persoa responsable desta).
  • A zona de pértega/ altura non se poderá utilizar como tal. Esta zona estará destinada para quecemento, técnica de carreira, etc.; pero sempre respectando a distancia de seguridade.
  • As zonas de lonxitude e lanzamentos terán un aforo máximo de 3 persoas, pero as execucións faranse de un e un e respectando a distancia de seguridade.
  • O campo de herba poderase utilizar para rodar ou facer outro tipo de exercicios, respectando en todo momento a distancia de seguridade.
  • Non se poderán utilizar vestiarios. Poderán utilizarse as bancadas para deixar mochilas e cambiarse de roupa (estará debidamente acoutado o espazo).
  • Recoméndase a utilización de guantes e máscara.