Axudas Covid-19 do Concello de Ribeira

Axudas Covid-19 do Concello de Ribeira

Dende o Concello de Ribeira créase unha oficina especial de atención para axudas Covid-19 no edificio do Mercado Municipal, primeiro andar.

Teléfono de información: 683313195

Whatsapp: 683313195

Correo electrónico: covid-19@ribeira.gal

Horario de 9:00 a 13:00 h.

Presentación de solicitudes de axuda:

  • Presencial: Na oficina especial Covid-19 exclusivamente
  • Telemática: A través do portelo dixital mediante unha solicitude de carácter xeral

Convocatoria de Bases de Subvencións para persoas físicas afectadas polo Covid-19 (Prazo de presentación dende o 17 de xuño ata o 1 de xullo)

Convocatoria de Bases de Subvencións para axudas comercio e hostalería afectados polo Covid-19 (Prazo de presentación dende o 18 de xuño ata o 2 de xullo)

Convocatoria de Bases de Subvencións para melloras nos establecementos afectados polo Covid-19 (Prazo de presentación dende o 18 de xuño ata o 17 de xullo)