BONO CONCILIA CAMPARIBEIRA VERÁN 2021

Solicitude

Bases

Anuncio BOP

Tal e como recolle o BOP de hoxe, a partir de mañá mércores 2 de xuño e ata o 10 de agosto ou ata que se esgote o crédito orzamentario destinado para esta fin ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o Bono Concilia CampaRibeira Verán 2021.

Estas axudas están destinadas a  familias con nenos e nenas de tres a doce anos que teñan a súa residencia no municipio de Ribeira para a súa participación e asistencia en campamentos de conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de xullo e agosto do 2021 organizados por empresas e autónomos con domicilio social no concello.

Poderán ser beneficiarias das axudas os/as pais/nais/titores ou aquelas persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva a nenos e nenas de tres a doce anos de idade nacidos con posterioridade ao 31 de agosto de 2008 e empadroados no municipio de Ribeira.

O Concello de Ribeira dispón dun orzamento total de vinte mil euros (20.000,00 €) para destinar a esta convocatoria.

Establécense dúas modalidades:

  • No caso de familias nas que ambos os proxenitores estean a traballar ou teletraballando, ou o único no caso de familias monoparentais ou con custodia non compartida, a axuda poderá alcanzar un máximo do 50% do custo da contratación, cun límite máximo de 100 €/mes por participante, cunha axuda máxima total de 200 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a axuda poderá alcanzar un máximo do 60% do custo do campamento, cun límite máximo global de 120 €/mes por participante e supoñendo unha axuda máxima total de 240 € por participante.
  • Para o resto de familias a axuda poderá alcanzar un máximo do 50 € do custo da contratación, cun límite máximo de 50 €/mes por participante, ata un máximo de 60 participantes, cunha axuda máxima total de 100 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a axuda poderá alcanzar un máximo do 60% do custo do campamento, cun límite máximo global de 60 €/mes por participante e supoñendo unha axuda máxima total de120 € por participante.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (Praza do Concello, s/n) ou por calquera do vos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, que estean habilitados.