Once carrozas e un tren infantil de tres vagóns integrarán a Cabalgata de Reis

LISTADO PARTICIPANTES DO SORTEO PÚBLICO

 

 

Máis de 500 persoas integrarán este ano a comitiva dunha Cabalgata de Reis que traerá este ano a Santa Uxía chamativas novidades en relación a anos anteriores.

A cita arrancará ás 17.30 horas do venres 5 de xaneiro coa chegada das súas Maxestades ao recheo portuario pata emprender a continuación un percorrido que, salvo imprevistos meteorolóxicos, seguirá a súa ruta habitual: Malecón, praza da Concordia, rúa Galicia, praza de Compostela, Romero Ortiz, Malecón, Rosalía de Castro, Alcalde Fernández Bermúdez, rotonda da Serea e Rosalía de Castro ata a praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde.

A comitiva estará formada por 11 carrozas: tres para Melchor, Gaspar e Baltasar, unha para a Estrela de Belén e sete que terán como temática "a fantasía dos sonos". Ademais, formarán parte do desfile catro grupos musicais (a Banda de Música de Barro, Fanfarria Ferruxe, Os Santiaguiñon de Padrón e a Banda do Cristo da Boa Música de Ferrol) e por primeira vez unha serie de mascotas de debuxos animados (a Patrulla Canina, Bob Esponja e Pocoyó).

Novo tren infantil

Outra novidade será a presenza dun Tren Infantil de tres vagóns e 60 prazas para que nenos e nenas con idades de entre 5 e 12 anos poidan ir en él durante a cabalgata. O prazo para anotarse (fisicamente no Lustres Rivas ou na páxina web) e ábrese mañá mércores. No caso de que haxa máis pequenos interesados que prazas, haberá un sorteo público o día 29 ás 12.30 horas.

Por último, cómpre informar de que se incrementarán o número de caramelos aptos para celíacos que se repartirán, pasando de 1.200 a 1.500 kilos.