Campaña de Inverno 2018. Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda.

INFORMACIÓN XERAL E FICHA DE INSCRICIÓN.

Campaña de inverno, ofertada pola Deputación Provincial da Coruña, para rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, e 2007 . Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros).

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A Deputación da Coruña concedeu 12 prazas ao concello de Riveira para a quenda do 2 ao 5 de marzo de 2018.

INSCRICIÓNS: Os interesados en participar nesta campaña deberán entregar a documentación requirida, no rexistro xeral do concello de Riveira, con data límite do 15 de febreiro.

**DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ**

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante
  • Unha foto tipo carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do carné de identidade ou do libro de familia.
  • Copia de aboamento da cota de inscrición.(Cando a praza estea confirmada)
  • No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

En caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público para adxudicar as mesmas.