Campaña de Inverno 2020 da Deputación da Coruña

INFORMACIÓN COMPLETA e INSCRICIÓNS

 

A Deputación da Coruña ven de comunicar que concede ao Concello de Riveira 11 prazas para participar na "Campaña de Inverno 2020", a cal terá lugar na estación invernal de Cabeza de Manzaneda dende o 24/01/2020 ao 27/01/2020 (1ª quenda).

A Campaña de Inverno está destinada a nenos e nenas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020).

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. O prezo é de 85€.

A persoas interesadas en participar deberán entregar o formulario que se xunta debidamente cuberto xunto coa documentación que nel se require, no Rexistro Xeral do Concello de Riveira entre os días 12 de novembro e 4 de decembro de 2019.

Unha vez rematado o prazo, se houbese máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo no cal terán preferencia aquelas persoas que non participasen anterioremente na Campaña.