Campus de Rugby 2017

CAMPUS DE INICIACIÓN AO RUGBY

Os días 3, 4 e 7 de agosto en horario de mañá (de 10.00 h. a 12.00 h.), vaise a celebrar no campo de herba natural da Fieiteira, un "Campus de Rugby". Actividade mixta, impartida por adestradores titulados, destinada a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos. O obxectivo deste campus, e iniciar aos participantes no mundo do rugby a través de xogos e tareas divertidas.

Inscrición gratuíta: Os interesados en inscribirse, poden facelo anotándose previamente na oficina de deportes, situada no complexo deportivo A Fieiteira, a través do teléfono 981 87 36 46 (de 8.00 h. a 14.00 h.) ou no enderezo electrónico deportes@riveira.com