Charla sobre autoemprego no Viveiro de Empresas de Riveira.

O Concello de Riveira organiza, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, unha charla informativa sobre autoemprego: “Autoemprego: unha opción de futuro”.

Na mesma tratarase o tema da creación de empresas e darase a coñecer o Viveiro de Empresas do Concello de Riveira e o seu funcionamento.

Contidos:

  • Situación de partida, por que emprender.
  • Que é necesario para emprender.
  • Características da persoa emprendedora.
  • Ideas, rompendo paradigmas.
  • Obxectivos e plans: fixando un rumbo.
  • E se non sae ben?
  • Como funciona un Viveiro. Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

Esta xornada, de 2 horas de duración terá lugar o día 8 de marzo de 2017, de 11 a 13 horas no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no teléfono: 981 87 14 97 (Viveiro de Empresas – Servizo de Orientación Laboral).

 

cartel_autoemprego