Comercio Electrónico seguro e Banca Electrónica

Se pensas que as novas tecnoloxías te pillaron tarde e que Internet non é para ti, tes unha cita o día 30 de outubro, ás 11 horas, na aula CEMIT. Falaremos de Comercio e Banca Electrónica e aprenderemos a manexar ferramentas sinxelas que, de seguro, te axudarán a traballar sobre seguro na rede.

Para anotarte a esta actividade de balde, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia en colaboración co a Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras (OMIC), só tes que contactar coa OMIC, ben en persoa (na casiña de pedra, Avda. do Malecón, nº 3), ben por teléfono (981 873 007) ou ben por correo electrónico (omic@riveira.com).  Vamos, que non tes disculpa para non vir.

Podes anotarte ata as 15:00 h do luns 28 de outubro. Lembra que só hai aforo para 20 participantes.  A que estás agardando????