Concurso de Debuxo e Pintura para Escolares cuxa obra gañadora ilustrará o cartel de Nadal

 

 

UN CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA PARA ESCOLARES VOLVERÁ A DECIDIR A ILUSTRACIÓN DO CARTEL DE NADAL DO CONCELLO DE RIVEIRA

 

Ao igual que o pasado ano, o Concello de Riveira volve a promover un Concurso de Debuxo e Pintura para Escolares cuxa obra gañadora ilustrará o cartel de Nadal.

 

Cómpre lembrar ao respecto que a nena vencedora na primeira edición deste certame, promovido pola Áreas Municipais de Educación e Cultura, foi a alumna do colexio Galaxia Daniela Pena.

 

Estas son as bases da convocatoria:

 

1.- Poderán participar todas as nenas e os nenos de infantil e primaria dos centros escolares do Concello de Riveira.

 

2.- O tema deberá estar relacionado co Nadal.

 

3.- A obra, que deberá presentarse sen texto ningún, realizarase en cartolina ríxida ou  material semellante, o tamaño non poderá ser maior dun A-3. A técnica libre: cera, colaxe, acuarela, rotuladores, témpera...

 

4.- As obras deben ser inéditas, polo tanto non poden ser obxecto de ningún outro premio, nin ser publicadas ou presentadas noutros concursos.

 

5.- Cada traballo asinarase con pseudónimo. O mesmo pseudónimo e a idade do concursante figurará no exterior dun sobre pechado, que conterá no seu interior o nome da nena ou do neno, idade, curso e centro de ensino; este sobre presentarase pegado pola parte posterior do traballo.

 

6.- Os participantes remitirán as obras, ata o día 17 de novembro de 2017, ao Centro Cultural Lustres Rivas (R/Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Riveira).

 

7.- O xurado estará composto por tres persoas vinculadas ás artes e pola concelleira de Cultura e Educación ou a persoa en quen delegue. A decisión do xurado será inapelable.

 

8.- Calquera traballo que non presente as características esixidas quedará fóra do concurso.

 

9.- A decisión do xurado poñerase en coñecemento do centro de ensino da nena ou neno galardoado o día 24 de novembro do 2017, e en acto público ao longo do mes de decembro.

 

10.- O premio, único, consistirá nun diploma, un lote de libros, un agasallo sorpresa, e a edición da obra gañadora como motivo dos carteis de Nadal do Concello de Riveira.

 

11.- Os centros de ensino participantes recibirán un agasallo literario para a súa biblioteca escolar.

 

12.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

obra_modi