Concurso de Escaparates e Decoración Hostaleira do Nadal 2018-2019

BASES REGULADORAS DOS CONCURSOS

 

"CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL" e "CONCURSO DE  DECORACIÓN DE HOSTALERÍA DE NADAL" (deberán estar decorados, ao menos, entre os días 21 de decembro de 2018 e 6 de xaneiro de 2019, ambos inclusive). Hai un único premio por concurso (un agasallo conmemorativo e un diploma que se outorgará polo recoñecemento popular a través do voto emitido pola clientela nos propios locais participantes).

O voto poderá emitirse nos establecementos participantes. O votante gardará o seu resgardo da papeleta para entrar no SORTEO DUN VALE DE 100€ PARA O COMERCIO LOCAL, que se sorteará entre todos os votantes o día do escrutinio público do concurso.

Para participar neste concurso deberán inscribirse antes das 13:00h do 12 de decembro de 2018 no seguinte contacto: Asociación de Empresarios de Riveira

Tel.: 981 873 719 correo@empresariosriveira.com