“Constrúe o teu futuro: Programa de animación 2D 3D e emprendemento”

PROGRAMA

O Concello de Riveira, a Cámara de Comercio de Santiago e a Fundación Incyde van por en marcha en Riveira un programa dirixido a mozos e mozas interesados en adquirir novos coñecementos enfocados á animación 2D 3D e que, ademais de incrementar a súa calidade profesional, queiran mellorar a súa empregabilidade.

O programa “Constrúe o teu futuro: animación2D 3D e emprendemento” ten carácter gratuíto e está dirixido a persoas  menores de 30 anos inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.

Desenvolverase en Riveira entre o 23 de abril e o 1 de xuño de 2018 e comporase de sesións grupais, titorías individuais e e mentoring/seguimento.

 Horario: sesións grupais (luns e xoves, de 10:00 a 12:00, agás o 17 de maio, en que a sesión do xoves pasará ao mércores). Do 21 ao 25 de maio, o horario será luns e xoves, de 10 a 14 horas). Realizaranse no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira.

As titorías individuais realizaranse no horario que acorden o alumno/a  e o consultor: no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira (horario de mañá) ou nas Aulas de Formación de Cristóbal Colón (horario de tarde)

As persoas interesadas e que cumpran os requisitos (menores de 30 inscritos/as en Garantía Xuvenil) poden inscribirse na web da Cámara de Comercio de Santiago:

http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&P=230&ncurso=4312018#.WsdM8ohua1s