|
A nosa intención coa elaboración desta páxina é a de acercarte os recursos educativos do noso municipio para que coñezas de primeira man o gran abano de posibilidades que hai de poder cursar uns estudios regrados, e como non, tamén as outras ofertas que a nivel municipal hai no departamento de educación, como poden ser: aulas de informática, bibliotecas, conservatorios Tamén queremos facilitarvos un listado dos centros de ensino que hai no Concello, así como os ciclos formativos que se poden cursar. Para que os mozos e as mozas empadroados en Riveira poidan trasladarse ás Universidades Galegas, independentemente do Campus que sexa, a Concellería de Educación pon a disposición de todos e de todas o “BUS UNIVERSITARIO”, que non é máis que un bono que reduce a cantidade a aboar por utilizar este transporte. Outro tema importante para vós é o de coñecer as carreiras universitarias que hai en Galicia, así como os ciclos formativos de formación profesional.
|
|