DOMINGO, 14 de febreiro de 2010
1.- Establécense dúas categorías de participación:
- Infantil: ata 15 anos (incluídos).
- Adulto: dende os 16 anos (incluídos).
2.- As murgas deberán estar formadas por un mínimo de 15 participantes, sen límite máximo, e as comparsas con 12 como mínimo. Na categoría infantil ademais deberá contar con 1 adulto por cada 6 nenos/as.
3.- Deberán representar a unha asociación, entidade ou agrupación do termo municipal de Riveira ou da Comarca do Barbanza (Arousa Norte: Riveira, Pobra do Caramiñal, Boiro ou Rianxo), establecendo o máximo permitido de unha murga ou comparsa por categoría, modalidade e asociación.
4.- Para ambas as dúas categorías (infantil e adulta), as letras das MURGAS deberán ter unha extensión máxima de 1 canción, non superiores no seu conxunto a 50 versos, nin cunha duración total superior a 5 minutos.
5.- O vestiario debe estar en consonancia con algún dos temas principais das letras das murgas ou un tema de actualidade ou interese xeral.
6.- Poderase introducir elementos complementarios en relación coa interpretaci