Usuarios Rexistrate Mapa Contacto Axenda Chat
Escudo de Riveira
Páxina Principal
Perfil do Contratante
Emprego Púlblico
Praia de Riveira
Historia de Riveira
Parque Dunar
Teléfonos de Interes

Bombeiros

Teléfonos de Interes

UPD

UPD

RENACER

50 Aniversario da Parroquia de Aguiño

Eixo Atlántico

Fondo Galego

MET

red_bibliotecas_galicia

rede_dinamizadores

Ministerio de Defensa

Voluntariado Galego

Xunta de Galicia
Primeiro concurso de música de grupos locais de RiveiraEngadido:27/07/2010 10:46:03
Xuventude

O gañador participará o 12 de agosto nun festival conmemorativo do Día Internacional da Xuventude

 

PONSE EN MARCHA O PRIMEIRO CONCURSO DE MÚSICA DE GRUPOS LOCAIS DE RIVEIRA PARA PROMOCIONAR ÁS BANDAS NOVEIS

 

Co obxectivo primordial de dar a coñecer entre a veciñanza o traballo despregado polas distintas bandas noveis do municipio, o Concello de Riveira organiza para os vindeiros días o Primeiro Concurso de Música de Grupos Locais de Riveira: unha iniciativa promovida polo Departamento Municipal de Xuventude que arrancará a partir de pasado mañá, mércores 28 de xullo de 2010, e se desenvolverá ao longo das vindeiras datas antes de que se inicien as Festas de Verán.

 

Vicente García como edil de Xuventude, acompañado polo técnico municipal Mario Vidal, foi o encargado de presentar este certame, que pretende servir como unha plataforma que lle brinde ás bandas locais inscritas no rexistro de grupos do Concello a oportunidade de divulgar  as súas creacións musicais logo do traballo realizado no local de ensaio municipal.

 

Van ser cinco as bandas que participarán no evento: Entrelíneas, Kolapz, La Banda del Watio, Pirufláuticos e Talón de Aquiles. As actuacións terán lugar en distintos locais hostaleiros do municipio, algúns dos cales aínda se están concretando (proximamente se enviará o calendario de actuacións).

 

O gañador do certame, que será escollido polas propias bandas participantes, terá a oportunidade de actuar o día 12 de agosto nun festival que servirá para conmemorar o Día Internacional da Xuventude. Para a posta en marcha deste festival, o Concello está a recibir a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Ademais do gañador deste Concurso, van participar unha banda foránea e o consagrado grupo local Jabón Blue.
 
 
PARTICIPANTES NO I CONCURSO DE GRUPOS DE MÚSICA DO CONCELLO DE RIVEIRA
 
  • Entrelíneas.
  • Kolapz.
  • La Banda del Watio.
  • Pirufláuticos.
  • Talón de Akiles. 

O horario dos concertos será de 22.00 a 24.00 horas.

 

Día 29 de xullo (xoves): Os Pirufláuticos no Pub Noite Meiga.

Día 30 de xullo (venres): Entrelíneas no Bar Pedrouso.

Día 31 de xullo (sábado): Talón de Akiles e Kolapz no Pub Destranjis.

Día 03 de agosto (martes): La Banda del Watio no Pub Destranjis.