Login Rexistro Mapa Contacto
Escudo de Riveira
Páxina Principal
Perfil do Contratante

Emprego Púlblico

Recadación

Teléfonos de Interes

Bombeiros

Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

Xunta de Galicia
Pacto Territorial de Emprego BARBANZA-NOIA16/09/2009 16:47:51
2009

 

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO BARBANZA-NOIA

 

Santa Uxía de Riveira, 16 de setembro de 2009.- Este venres 18 de setembro, ás 12.30 horas, no Centro de Interpretación do Parque Periurbano de San Roque, terá lugar unha reunión da Asemblea Xeral do Pacto Territorial de Emprego Barbanza-Noia, entidade presidida por José Luis Torres Colomer e integrada polos Concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Lousame, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo e Riveira; polos sindicatos CCOO, CIG e UGT; pola FEB, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia e polos responsables das Oficinas do Servizo Público de Emprego, en representación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

 

Os Pactos Territoriais de Emprego teñen por misión a procura dunha xestión coordinada do conxunto de recursos públicos que se destinan ao emprego no seu ámbito territorial e teñen un carácter consultivo para a concreción das políticas activas de emprego promovidas dende o goberno galego, co obxectivo de que se adapten o mellor posible ás necesidades detectadas no territorio.

 

Na reunión que se celebrará o venres 18 procederase á presentación do equipo técnico do Pacto Territorial que exporá o estado actual dos traballos realizados previos á elaboración dun plan de emprego para o territorio do Pacto.

 

En concreto, falarase do estudo sobre a Situación Inicial, da elaboración da análise de fortalezas de debilidades, oportunidades e ameazas no ámbito do emprego do Pacto e do mapa de recursos para o emprego en Barbanza-Noia, así como do plan de traballo para os vindeiros meses.

 

Para calquera aclaración ou ampliación de información, poden pórse en contacto coa UPD (Unidade de Promoción e Desenvolvemento) da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego Barbanza-Noia, chamando ao número 981 841 826 ou por correo electrónico: director@updbarbanza-noia.org

 

A oficina da UPD (equipo técnico do Pacto Territorial) está situada na Casa de Cultura de Carreira.

 

1 2 3 4 5 6 7 8 cheap uggs cheap ugg boots cheap uggs cheap ugg boots uggs on sale ugg boots on sale ugg boots sale ugg boots on sale uggs outlet ugg boots outlet uggs clearance ugg boots clearance michael kors rose gold watch fake oakleys michael kors watches fake oakley sunglasses