Usuarios Rexistrate Mapa Contacto Axenda Chat
Escudo de Riveira
Páxina Principal
Perfil do Contratante
Emprego Púlblico
Praia de Riveira
Historia de Riveira
Parque Dunar
Teléfonos de Interes

Bombeiros

Teléfonos de Interes

UPD

UPD

RENACER

50 Aniversario da Parroquia de Aguiño

Eixo Atlántico

Fondo Galego

MET

red_bibliotecas_galicia

rede_dinamizadores

Ministerio de Defensa

Voluntariado Galego

Xunta de Galicia
Bases das axudas a deportistas de élite non profesionais do Concelo de RiveiraEngadido:16/12/2009 13:26:39
Deportes

BASES DAS AXUDAS A DEPORTISTAS DE ELITE NON PROFESIONAIS DO CONCELLO DE RIVEIRA

 

O Concello de Riveira informa de que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP do día 4 de decembro, que se achega) as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas de elite non profesionais para o exercicio 2009 no concello de Riveira.

 

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión de subvencións a deportistas de elite non profesionais que, despois de acreditar unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguren unha proxección inmediata ou futura para o deporte de alta competición, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade.

 

O Concello de Riveira dispón dunha contía orzamentaria de 6.000 euros para destinar a esta convocatoria. A contía individual das subvencións non poderá exceder dos 1.500 euros.

 

As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Riveira, ou en calquera outros rexistros públicos aos que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 

Poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

 

  • Ter condición de deportista na práctica dalgunha disciplina olímpica.
  • Non pertencer as categorías veteranos ou máster.
  • Estar empadroado no Concello de Riveira, como mínimo, dende xaneiro do ano 2007.
  • Posuír licenza federativa en vigor, expedida pola federación deportiva correspondente.
  • Estar ao corrente coas obrigas fiscais co Concello de Riveira, así como coas obrigas coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social.

 

O prazo para presentar expira o día 26 de decembro.
 
Descargar BOP