Usuarios Rexistrate Mapa Contacto Axenda Chat
Escudo de Riveira
Páxina Principal
Perfil do Contratante
Emprego Púlblico
Praia de Riveira
Historia de Riveira
Parque Dunar
Teléfonos de Interes

Bombeiros

Teléfonos de Interes

UPD

UPD

RENACER

50 Aniversario da Parroquia de Aguiño

Eixo Atlántico

Fondo Galego

MET

red_bibliotecas_galicia

rede_dinamizadores

Ministerio de Defensa

Voluntariado Galego

Xunta de Galicia
Benvida do Alcalde

Foto do alcalde

Estimados veciños e veciñas:

Cada vez máis,  a vida, o mundo e as persoas xiran en torno a Internet. Trátase dun medio de comunicación esencial tanto para o traballo como para o ocio e o entretemento.
 
Estamos asistindo ao triunfo do individuo sempre conectado. 
O principal obxectivo deste Equipo de Goberno consiste en achegarse, decidida e firmemente, aos cidadáns, mellorando as canles de comunicación e facilitando as relacións entre o Concello e os veciños.

Por iso, agora dispoñemos deste novo espazo virtual para que desde calquera parte do mundo se poida coñecer a nosa Cidade, incorporando simultaneamente servizos de xestións para os veciños, que se irán ampliando, e que fundamentalmente van destinados a enriquecer a relación da Corporación cos cidadáns.

O ano 2006 foi histórico para Riveira, ao facérense os 100 anos da concesión do título de Cidade e pola visita das SS.MM. os Reis de España, que celebraron con nós esta conmemoración. O Centenario, que remata o 23 de marzo de 2007, está a servir para que nos sintamos, aínda máis, orgullosos da sermos riveirenses e para que Riveira sexa máis coñecida tanto en Galicia coma fóra dela.

Este novo portal web é un reflexo da nova Riveira do século XXI, unha fiestra que contribuirá a que o noso Concello sexa máis coñecido en todo o mundo, ao tempo que permitirá recoller as necesidades e propostas dos veciños para construír unha Cidade mellor, que é o noso obxectivo e o de todos e todas os cidadáns de Riveira.

Benvidos, as nosas portas están abertas.

J.L. Torres Colomer