Convocadas as bases para a concesión de bolsas a deportistas individuais de Riveira

BASES DA CONVOCATORIA

O Boletín Oficial da Provincia recolle no día 31/07/2019 o anuncio oficial en virtude do cal se convocan as axudas a deportistas individuais durante o exercicio 2019.

A partida destinada a este concepto ascende a 14.000 euros, existindo dúas líneas de subvención:

  • Beca Tokio 2020, destinada a deportistas de alto rendemento integrantes dos equipos das seleccións nacionais absolutas, con opción de clasificarse para participar na Olimpiada Tokio 2020, destinaranse 6.000€, cunha contía máxima de cada bolsa de 3.000 €
  • Beca para outros deportistas que destacaran na súa faceta competitiva no ano 2018, destinaranse 8.000€, cunha contía máxima de cada bolsa de 1.000,00 €.

Os deportistas beneficiarios deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter a condición de deportista na práctica dalgún deporte olímpico (aínda que atendendo á especial importancia dun feito deportivo poderá valorarse a inclusión nestas bolsas de deportistas practicantes de deportes non olímpicos).
  • Ter nacido no Concello de Riveira e/ou estar empadroado no Concello de Riveira, cunha antigüidade mínima tres anos dende a publicación deste anuncio.
  • Ter licenza federativa no momento de realizar a solicitude.
  • Estar ao corrente das obrigas fiscais co Concello de Riveira, así como das obrigas coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social.