Convocadas as PROBAS DE ACCESO AO CONSERVATORIO ‘Enrique Paisal’ nos distintos cursos de Grao Elemental e Profesional

MATRICULARSE NA PROBA DE ACCESO A 2º, 3º OU 4º DE GRAO ELEMENTAL ou 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º DE GRAO PROFESIONAL. PREME AQUÍ.

O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira ‘Enrique Paisal’ anuncia que, con motivo da posta en marcha dun novo curso, o vindeiro martes día 8 de setembro ás 10 horas terán lugar as probas de acceso ao 1º curso de grao elemental: unhas probas que en condicións normais terían lugar no pasado xuño pero que houbo que adiar dadas as circunstancias extraordinarias que estamos a vivir.

Ademais, as probas de acceso aos outros cursos, tanto do grao elemental como profesional, serán o xoves día 10 a partir das 16 horas.  Para estas últimas probas é imprescindible a formalización dunha matrícula e o prazo estará aberto ata o día 8.

Protocolos covid

En todos os casos aplicaranse un protocolo covid que inclúe, por exemplo, a utilización de máscaras, a hixienización de mans (colocáronse dispensadores á entrada e en todas as aulas), o mantemento da distancia de seguridade e a entrada ao centro só do alumnado unha vez chamado.