CORRUBEDO EN VERSO Y PROSA

O acto será ás 20 horas na Casa do Mar da localidade

 

FRANCISCO SÁNCHEZ FRAGA PRESENTARÁ ESTE SÁBADO NAS FESTAS DE SANTA TECLA O SEU NOVO LIBRO “CORRUBEDO EN VERSO Y PROSA”

 

O autor Francisco Sánchez Fraga presentará este sábado día 23 de setembro o seu novo libro titulado “Corrubedo en verso y prosa”.

 

O volume, que foi impreso no servizo de imprenta da Deputación Provincial, será presentado ás 20 horas despois de que finalice a tradicional procesión de Santa Tecla na Casa do Mar da citada parroquia e contará coa intervención tamén do alcalde Manuel Ruiz.

 

“Corrubedo en verso y prosa” recolle ao longo de 168 páxinas referencias sobre literatura, refráns e música popular alusivas a Corrubedo ao longo do tempo. Dende Diego Cernadas de Castro, Cura de Fruíme, ata autores contemporáneos como Antón Riveiro ou Martín Veiga, pasando por Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro, Castelao ou Gerardo Diego, máis de 40 literatos están contidos nesta publicación que tamén incide nalgunhas lendas, cantigas e coplas.

 

Membro na reserva do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS) e ex presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira, Francisco Sánchez Fraga xa publicou en 2011 “Santa María del Cabo de Corrobedo (Coto del mismo nombre)”.

 

sanchezfraga_modi