Curso “Actividades Auxiliares de Almacén, con carné C e CAP”.

A Deputación Provincial da Coruña,no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local ten prevista a realización do Itinerario de Comercio e Loxística (COML0110 Actividades Auxiliares de Almacén) que inclúe ó acceso ao carné C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP)

A xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carné C e o CAP, xunto coas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

Persoas destinatarias: maiores de 16 e menores de 30 anos inscritas na Oficina de Emprego correspondente (demandantes de emprego) e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Lugar de realización: Santiago ou Culleredo.

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria, sitas para a zona centro_sur no Polígono Industrial do Milladoiro e na cidade de Santiago de Compostela, e para a zona centro_norte en A Barcala-Cambre  e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo). Pódese elixir localización

Data de inicio prevista: mediados de maio.

Prazo e lugar de preinscrición: ata o 26 de abril ás 15:00 horas no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Riveira (Lugar de Fafián, 29 – 15960 Riveira (Viveiro de Empresas). O envío de candidaturas á Deputación  realizarase por orde de entrada das solicitudes.

Máis información: