Curso aplicado para a prevención e intervención en violencia de xénero organizado pola Universidade de Santiago.

Riveira volverá a ser no vindeiro mes de xullo o foco de referencia para os profesionais en materia de violencia de xénero grazas a un novo curso universitario promovido polo riveirense Gualberto Buela-Casal, catedrático de Psicoloxía Clínica da Universidade de Granada. O seu título “Curso aplicado para a prevención e intervención en violencia de xénero”, que se celebrará no Auditorio os días 10, 11 e 12 de xullo.

Buela-Casal  vén organizando cursos de verán no noso municipio ininterrompidamente dende o 2012, primeiro baixo o paraugas da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e dende o 2017 da Universidade de Santiago. Unha vez máis, a acción formativa codiríxea xunto con Ramón Arce Fernández (catedrático de Psicoloxía Xurídica da USC e presidente da Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense) en tanto que José Díaz Fernández, criminólogo e inspector xefe de Policía Nacional, exercerá de secretario.

Máis de 80 inscritos

Actualmente hai xa máis de 80 persoas inscritas nunha iniciativa que se espera que supere as 104 do ano pasado (na que o de Riveira foi o de maior afluencia entre os 50 cursos de verán organizados pola USC) e na que predomina cada vez máis un perfil profesional entre os seus asistentes con interesados procedentes de 26 provincias. O prazo de matrícula aínda está aberto ata o 28 de xuño.

Nesta ocasión, o curso contará coa participación da secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella; da presidenta do Observatorio contra la Violencia Doméstica y de Género del Consejo General del Poder Judicial, María Ángeles Carmona Vergara; e doutros reputados expertos das universidades de Santiago, Granada ou La Laguna, da Secretaría de Estado de Seguridade, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ou da Eirtzantza.

Información e Matrícula no seguinte enlacehttp://www.aepc.es/cursoVdG/