Curso de defensa persoal feminino organizado polo CIM

O CIM ORGANIZA UN CURSO DE DEFENSA PERSOAL FEMININO NO COMPLEXO DA FIEITEIRA

O Centro de Información a Muller (CIM) de Riveira está a organizar para o vindeiro 14 de xuño un curso gratuíto de defensa persoal feminina.

 Esta acción desenvolverase no complexo da Fieiteira e terá unha duración de dúas horas: entre as 10.30 e as 13.30 horas.

 As interesadas en asistir poden apuntarse no propio CIM, situado en Deán Pequeno, no edificio Miradoiro de Padín (teléfono 981 874 131; email cim@riveira.com). O acceso será por orde de inscrición ata esgotar as prazas.

 Colabora Judo Club Cambre.cartel_defensa_cim