Curso de “Escritura Creativa”

Desde o Concello de Riveira propoñémoslles que participen no “Curso de escritura creativa” que impartirá Xabier López Marqués nas dependencias deste Centro Cultural Lustres Rivas na primeira quincena de xullo.

 

Curso de escritura creativa

Profesor: Xabier López Marqués

Dirixido a: persoas maiores de 16 anos

Datas: 3, 4, 6, 10,11 e 13 de xullo

Horario: 10.00-13.00 h

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas (R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Riveira).

 

NOTA: o curso é gratuíto

 

Para realizar a inscrición no curso envíen, por favor, un correo electrónico a normalizacion@riveira.com, no que se indique:

Nome e apelidos:

Teléfono de contacto:

Enderezo electrónico:

 

cartel_obradorio_escritura_xullo_2017_modi