Curso de lingua Galega Celga 2018

INFORMACIÓN DO CURSO

2º curso preparatorio CELGA 2018 en Ribeira

Logo do anuncio da Xunta de Galicia de convocatoria extraordinaria de probas CELGA 2 e 4, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira oferta formación gratuíta para a preparación das anteditas probas. O requisito único para participar nesta oferta formativa é ser maior de 16 anos.

Inscrición aberta ata o 2 de outubro: Servizo de Normalización Lingüística. Centro Cultural Lustres Rivas (R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º). Tel.: 981835650 (de 8 a 15 h)

normalizacion@riveira.com

Curso para a preparación das probas CELGA

Horario: 20.00 a 22.00 h martes e mércores

Data de comezo: 2 de outubro, martes

Data de remate: 28 de novembro, mércores

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º, 15960 Ribeira

NOTA: Durante todo o mes de novembro haberá tamén clases de reforzo os luns no mesmo horario.