Cursos gratuítos de hixiene alimentaria e manipulación de alimentos e operador/a de carretillas elevadoras en Riveira

Cursos gratuítos de hixiene alimentaria e manipulación de alimentos e operador/a de carretillas elevadoras en Riveira.

A Concellalía de Promoción e Dinamización Económica do Concello de Riveira anuncia unha nova edición dos cursos de manipulación de alimentos e carretilleiro que terán lugar no mes de decembro.

Poderá solicitalos calquera persoa interesada, tendo prioridade absoluta as persoas empadroadas en Riveira. Para incribirse no curso de carretilleiro/a será imprescindible ter cumpridos 18 anos.

As incricións realizaranse no Servizo de Orientación Laboral do concello de Riveira  - Viveiro de Empresas (antigo matadoiro municipal), en horario de 13 a 15 horas, aínda que en caso de que a persoa responsable estea dispoñible poderá aceptar solicitudes noutra franxa horaria (de 8 a 15 horas). Deberá esperar a ser atendido/a.

Prazo de inscrición: 10 e 11 de decembro de 2018 (preferentemente, de 13 a 15 horas)

Documentación a presentar: fotocopia do DNI/NIE e volante de empadroamento.

Se o número de solicitudes supera o número de prazas  (18 para o de hixiene alimentaria e 10 para o de carretillas) realizarase un sorteo público que terá lugar no Viveiro de Empresas o día 12 de decembro ás 12:00 horas.

Unha vez realizado publicarase na web do concello e no taboleiro de anuncios do Viveiro o listado de persoas admitidas en cada un dos cursos, así como o listado de reservas.

A persoa que sendo seleccionada para realizar o curso non poda asistir deberá comunicalo coa maior antelación posible ao Servizo de Orientación Laboral (981871497) para que a praza poda ser cuberta por outra persoa. De non facelo, poderá ser excluída de futuras actividades formativas.

LISTADO ALUMN@S CARRETILLERO/A

LISTADO ALUMN@S MANIPULADOR/A ALIMENTOS

Impreso de solicitude manipulador/a de alimentos

Impreso de solicitude carretilleiro/a