Curso de Poda de Froiteiras de Óso e Pepita

O Concello de Riveira informa de que a través dos Servizos Sociais Comunitarios está a organizar un curso de poda de froiteiras de óso e pepita que se celebrará os días 24 e 25 de xaneiro, en horario de tarde.

A acción formativa será impartida por Carme Freire e está dirixida preferentemente a persoas maiores de 55 anos. Hai prazas limitadas.

Quen estea  interesado pode anotarse a partir do luns 20 de xaneiro no Departamento de Servizos Sociais sito na praza 8 de marzo (teléfono 981 874 131).