Curso gratuíto de manexo seguro de motoserra no Centro de San Roque.

O municipio riveirense dará cabida a un curso gratuíto sobre prevención de riscos laborais no sector forestal e máis concretamente sobre manexo seguro de motoserra.

A acción está organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA). Desenvolverase do 30 de setembro ata o 4 de outubro no Centro de San Roque e terá unha duración de 20 horas.

As persoas interesadas (maiores de idade) poden inscribirse a través do email: formacion@conformaforestal.com antes do 25 de setembro, adxuntando a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición cuberta.
  • Copia do DNI.
  • Se é colectivo prioritario (ten experiencia ou formación relacionada): documentación que acredite a vinculación laboral coa actividade (contratos/vida laboral) ou formación (diplomas dos cursos do sector forestal ou similar).

Máis información/documentación: http://issga.xunta.gal/

Tamén pode dirixirse á:

-          Oficina de desenvolvemento Local. Casa do Concello (Oficina Atención Cidadá).Tel.: 981835417. emprego@riveira.com