Curso para a preparación das probas CELGA

Curso preparatorio CELGA 2019 en Ribeira

CARTEL

Logo do anuncio da Xunta de Galicia de convocatoria de probas CELGA 1, 2, 3 e 4 (DOG do 25 de marzo de 2019), o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira oferta formación gratuíta para a preparación das anteditas probas. O requisito único para participar nesta oferta formativa é ser maior de 16 anos.

Inscrición aberta ata o 8 de abril: Servizo de Normalización Lingüística. Centro Cultural Lustres Rivas (R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Ribeira). Tel.: 981835650 (de luns a venres de 8 a 15 h) normalizacion@riveira.com

Curso para a preparación das probas CELGA

Horario: 20.00 a 22.00 h de luns a mércores

Data de comezo: 8 de abril, luns

Data de remate: 5 de xuño, mércores

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas. R/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º, 15960 Ribeira

NOTA: Durante o mes de xuño haberá tamén clases de reforzo ata as datas de exame no mesmo horario.