Curso sobre Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio

Aínda quedan prazas libres no Curso sobre Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio que vai impartir o Concello de Riveira a partir do 19 de novembro.

De 618 horas de duración (120 delas, prácticas) esta acción formativa gratuíta desenvólvese cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e reviste grande interese por ser un nicho laboral que demanda cada vez máis profesionais.

Para poder asistir ao curso cómpre estar en situación de desemprego e dispoñer de ESO ou equivalente. Quen logre superalo obterá un certificado de profesionalidade nivel 2.

Ata o 5 de novembro

Os interesados ou interesadas poden informarse e solicitar a súa inscrición na Oficina de Desenvolvemento Local (situada na Área de Atención Cidadá no andar baixo da Casa Consistorial). Data límite: 5 de novembro.