Curso sobre Dependencia e Coidados

Entre os días 6 e 22 de marzo as aulas municipais formativas situadas na rúa Cristóbal Colón van dar cabida a un curso gratuíto sobre Dependencia e Coidados organizado pola fundación Humanismo e Democracia (H+D) en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios de Riveira.

Formado por 40 horas teóricas e 10 horas prácticas, está dirixido a formar a profesionais ou familiares que traballen e/ou convivan con persoas dependentes co fin de mellorar a calidade de vida deste tipo de usuarios.

O temario está formado por distintas materias como conceptos básicos sobre dependencia, envellecemento activo e prevención de dependencia, problemas asociados á dependencia, recomendacións para o coidador, habilidades sociais, preparación e elaboración de menús, hixiene e medicación, xestión de tempo e solución de imprevistos e orientación laboral.

Nos criterios de selección priorizaranse a persoas migrantes, parados de longa duración, perceptores de RISGA/RAI/PREPARA, menores de 30 anos e maiores de 45 anos. Hai 25 prazas. As clases serán en horario de 10 a 13 horas.

Interesados dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais (edificio Miradoiro de Padín / teléfono: 981 874 131).

Curso de atención á dependencia