Cursos de informática que se celebrarán na Aula Cemit na primavera

Aula CeMIT de Ribeira vai acoller durante os meses de abril, maio e xuño un total de 160 horas formativas distribuídas en dez cursos abertos á poboación do municipio. Todos eles, de carácter presencial, gratuítos e respectando as normas de seguridade anticovid, tal e como explicou a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, nun acto no que estivo acompañado do axente TIC Manuel Bello.

Dúas das acción serán novidosas en relación a anteriores convocatorias: concretamente, un seminario de seguridade en Internet que terá lugar do 7 ao 9 de abril e outro da banca electrónica, do 1 ao 4 de xuño.

O certificado dixital, libreoffice, iniciación á informática, ferramentas de google, retoque de imaxe (Gimp), editor de textos write, folla de cálculo e é-saúde son os outros cursos que se impartirán ao longo da primavera.

Inscricións

O prazo de inscrición comeza mañá martes ás 9 horas ata curbir prazas. Pódese formalizar contactando coa propia Aula CeMIT situada en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou a través do enlace https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.

Cómpre lembrar que a aula ten un cincuenta por cento de capacidade (seis prazas), que o uso da mascarilla é obrigatoria durante toda a sesión e que haberá ventilación continua durante as clases e hixiene de mans a disposición dos usuarios.

Relación de cursos:

 

CURSOS ABRIL – MAIO

 

Certificado dixital – Sede electrónica.

Contido:

Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas.

Data:

05 de abril de 2021  - 08 de abril de 2021

Horario:  10:00 – 11:30

Data:

05 de abril de 2021  - 08 de abril de 2021

Horario:  16:30 – 18:00

 

Seminario de Seguridade en Internet.

Contido:

Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións adecuadas para a navegación. Medidas preventivas.

Data:

07, 08, 09 Abril

Horario: 11:30 – 13:00.

 

Libreoffice.

Contido:

Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións - LIBREOFFICE

Data:

12 de abril de 2021  - 26 de maio de 2021. Luns e mércores

Horario: 09:30 – 11:00

 

Iniciación á informática.

Contido:

Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato. Familiarizarse co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na navegación pola Internet.

Data:

15 de abril de 2021  - 27 de maio de 2021 . Martes e xoves

Horario: 09:30 – 11:00

 

Ferramentas de google.

Contido:

Manexo do google drive, google calendar, google maps, google photos

Data:

15 de abril de 2021  - 27 de maio de 2021 . Martes e xoves

Horario: 11:30 – 13:00. Martes e xoves

 

Retoque de imaxe. Gimp.

Contido:

Co programa Gimp realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía, ...

Data:

13 de abril de 2021  - 13 de maio de 2021

Horario:  16:30 – 18:00

 

 CURSOS XUÑO

 

BANCA ELECTRÓNICA

Contido:

Supostos con dúas webs sobre banca electrónica

Data:

01 de xuño de 2021  - 04 de xuño de 2021

Horario:  10:00 – 11:30

 

SEMINARIO WRITE

Contido:

Manexo do editor de texto do libreoffice

Data:

07 de xuño de 2021  - 11 de xuño de 2021

Horario:  10:00 – 11:30

 

SEMINARIO CALC

Contido:

Manexo da folla de cálculo do libreoffice

Data:

14de xuño de 2021  - 18 de xuño de 2021

Horario:  10:00 – 11:30

 

SEMINARIO É-SAÚDE

Contido:

Manexo da ferramenta do sergas É-Saude:

Data:

21 de xuño de 2021  - 23 de xuño de 2021

Horario:  10:00 – 11:30