Cursos gratuítos de hixiene alimentaria e manipulación de alimentos e operador/a de carretillas elevadoras en Riveira.

A Concellalía de Promoción e Dinamización Económica do Concello de Riveira anuncia unha nova edición dos cursos de manipulación de alimentos e carretilleiro/a que terán lugar no mes de decembro.

Persoas destinatarias/requisitos:

Poderá solicitalos calquera persoa interesada, tendo prioridade absoluta as aquelas empadroadas en Riveira. Para incribirse no curso de carretilleiro/a será imprescindible ter cumpridos 18 anos.

Lugar/prazo de inscrición:

As incricións realizaranse os días 4 e 5 de decembro no Servizo de Orientación Laboral do concello de Riveira  - Viveiro de Empresas (antigo matadoiro municipal), en horario de 9 a 14 horas, aínda que en caso de que a persoa responsable estea dispoñible poderá aceptar solicitudes noutra franxa horaria (de 8 a 15 horas). Deberá esperar a ser atendido/a.

Prazo de inscrición: 4 e 5 de decembro de 2019.

 Documentación a presentar:

  • Solicitude
  • Fotocopia do DNI/NIE
  • Volante de empadroamento.

Selección:

Se o número de solicitudes supera o número de prazas  (18 para o de hixiene alimentaria e 10 para o de carretillas) realizarase un sorteo público que terá lugar no Viveiro de Empresas o día 9 de decembro ás 11:00 horas.

Listado de persoas admitidas:

Unha vez realizado publicarase na web do concello e no taboleiro de anuncios do Viveiro o listado de persoas admitidas en cada un dos cursos, así como o listado de reservas.

Obrigas das persoas seleccionadas:

A persoa que sendo seleccionada para realizar o curso non poida asistir deberá comunicalo coa maior antelación posible ao Servizo de Orientación Laboral (981 87 14 97) para que a praza poida ser cuberta por outra persoa. De non facelo, poderá ser excluída de futuras actividades formativas.

Impreso de solicitude manipulador/a de alimentos

Impreso de solicitude carretilleiro/a

LISTADO PERSOAS ADMITIDAS E EN RESERVA DO CURSO DE MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS.

LISTADO PERSOAS ADMITIDAS E EN RESERVA DO CURSO DE CARRETILLEIRO/A.