Cursos gratuítos de Manipulación de Alimentos e Carretilleiro para persoas desempregadas.

BASES XERAIS DE ADMISIÓN AOS CURSOS.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CURSO DE CARRETILLEIRO.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS.

LISTADOS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NOS CURSOS

LISTADOS DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NOS CURSOS E LISTAS DE RESERVA.

 

O Concello de Riveira vén de lanzar dúas novas iniciativas formativas dirixidas a persoas en situación de desemprego e relacionadas con competencias moi relacionadas co mercado laboral da zona. Trátase dun curso de manipulación de alimentos e outro de carretilleiro (dous grupos en cada acción) que serán impartidos no Viveiro de Empresas no mes de novembro.

A concelleira de Dinamización e Promoción Económica, Fabiola García, xunto coa Orientadora Laboral do Concello, Carolina Pampín, foi a encargada de presentar esta campaña totalmente gratuíta que persegue facilitar a formación entre as persoas que están en situación de desemprego.

Ambos cursos son de curta duración. Así, o de manipulación de alimentos, ten 3 horas de duración mentres que o de carretilleiro é de 4 horas teóricas, ás que hai que engadir outras 6 horas de prácticas que terán lugar na explanada do porto de Aguiño.

Dous grupos

Para o primeiro dos cursos hai 32 prazas convocadas repartidas en dous grupos de 16 persoas. O primeiro grupo recibirá as clases o 10 de novembro, de 10 a 14 horas; e o segundo o 11, no mesmo horario.

En canto ao de carretilleiro, hai 20 prazas tamén repartidas en dous grupos, o primeiro dos cales terá o 18 de novembro de 9 a 13 horas a sesión práctica e o 19 de 9 a 15 horas a práctica; e o segundo asistirá os días 25 e 26 de novembro nos mesmos horarios indicados.

Para participar en calquera destas iniciativas é necesario ser demandante de emprego inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia (situación que se deberá acreditar mediante certificado actualizado expedido pola oficina de emprego). Este requisito deberase cumprir tanto no momento da solicitude como no inicio do curso. A selección das persoas participantes realizarase por orde de inscrición, tendo prioridade absoluta as persoas empadroadas no Concello de Riveira.

Por iso, xunto coa solicitude deberase presentar copia cotexada do DNI/NIE, certificado da condición de demandante de emprego e volante de empadroamento (en caso de non autorizar a consulta)

As prazas dispoñibles son de 32 e 20 respectivamente e o prazo de inscrición estará aberto dende o 17 ata o 21 de outubro no Rexistro do Concello de Riveira (Oficina de Atención Cidadá)

As persoas interesadas poderán consultar as bases e ampliar información na web municipal (www.riveira.gal) ou dirixíndose ao Servizo de Orientación Laboral.

Máis formación no Viveiro

Fabiola García destacou outras accións previstas no Viveiro de Empresas que están a resultar un éxito en canto a inscricións, como é o caso do dirixido a mozos de menos de 30 anos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil sobre empregabilidade e habilidades sociais para busca de emprego e sobre lingua ingresa; e dunhas xornadas organizadas pola Escola Galega de Saúde para Cidadás sobre manexo do estrés e ansiedade e prevención de úlceras por presión e outras lesións en persoas inmobilizadas.

 

curso-manip

 

curso-carret